Quixera pintar na túa cara
un sorriso de infinitas vangardas,
ser pioneira en facer que a túa face alumee,
como aquel candil que Marica
nunca chegou a apagar.
Tantos luares que vimos,
solpores e amenceres
nos que espertamos xuntos.
Quixera facer voar a túa mente,
tal como un paxaro novo voa do niño.
Tornar dúctil a túa imaxinación,
ata que poidas transmitir
o que sintes, o que sinto, o que sentimos.
Quixera darche, facerche sentir,
o que nunca ninguén fixo.
Nin che deu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario